Canteira de terror

Imaxinen por un intre que o Bloque obtén a maioría absoluta para gobernar Compostela. Tranquilos, xa non é o partido que foi, os seus afiliados non firen a decencia democrática con negros cornos nin cheiran a xufre. Qué pasaría na Nasa, pois que lle triplicarían ou cuadruplicarían o asunto da subvención. Como diría don Xerar Ilusión, non fai falta ser moi intelixente para sabelo.

Tampouco hai que chamarse Albert Einstein para encarecer as consecuencias dun goberno nacionalista; en lugar dun caixeiro mexado ardería a mesma catedral, o Pórtico da Gloria e os ósos do apóstolo. A algúns váiselles a pinza.
_

2 comentários:

Óscar disse...

Se o BNG tivese maioría absolutista en Compostela o problema non ía estar na Nasa senón en Conxo.
Haberá suficientes prazas para meter dentro a toda a lista do PP?, porque lles ía dar algo máis ca un pequeno ataque
(xa me imaxino a Xerar Ilusión cunha palestina ao pescozo e berrando nos pasillos do hospital: "Ás barricadas!. Nin un paso atrás!. Non pasarán!".)

Unknown disse...

Cómo lle chaman a eso, un perigo para a sociedade e para si mesmo, non?

Un Aznar que nunca gobernou, arrepiante.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet