A empanada de xoubas non está nada mal

Unhas reportaxes a páxina completa dos despachos dos candidatos á presidencia da Xunta, analizando os mobles, a decoración, os cadros, as cores, se os lapis están afiados, os equipos informáticos, as bandeiras... Todo un exercicio de novo xornalismo cortesía do Faro.

¿Sabedes que está a ler o superaxente Feijóo? Un libro que se titula “Como hacerse culto en un año”.

Demasiado forte. Nin sequera podo esmendrellarme de risa. Supoñía que esta xente, cando menos, sabe disimular. Un mínimo.

2 comentários:

qwerty disse...

A arte do disimulo non é unha asignatura en política. Faino mellor a peixeira da praza vendéndoche un xurelo cheirento de 4 días que calquera político cunha conta nas Illas Caimán.
Outro exemplo da distancia entre os políticos e a rúa.

Unknown disse...

ben certo

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet