O futuro é pijo-hippy

Aos últimos que abandoaron o barco desta familia en constante descomposición que é iKIF non lles vai nada mal. Antón montou un negocio de complementos coa súa muller, que é deseñadora (de complementos). Fan movidas en plan Ágatha Ruíz de la Prada cun toque celta, e os famosos da tele xa lucen as súas creacións (en serio). A semana pasada inauguraron a séptima tenda, en Madrid.

Begoña, que sempre amosou un perfil máis serio, pasouse directamente á competencia. Bueno, a algo que se asemella á competencia: unha axencia de viaxes que organiza deportes de aventura en latinoamérica, torneos de paintball no Machu Picchu e así. Entrei na web pero nin rastro do máis profesional dos directores de marketing; o contacto a saber quén o atende, e en merchandising nada, nin unha camiseta coas súas tetas serigrafiadas. Tanto como me ensinou e eu sen aprender.

Hai que ser emprendedores, claro que si. Pioneers. Estou por joderlle os arames á viña do viciño, facer pulseiras (celtas cun toque posmoderno almodovariano) e baixar á praia a vendelas, descalzo e cunha camisa hawaiana que me chegue aos xeonllos. Logo xa lle encargarei unha web ao xefe.

2 comentários:

Anônimo disse...

se vas avisa e baixo a cámara xD

Unknown disse...

ok, pero as fotos para levarse de recordo tamén se cobran

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet