Había que matalos a todos (autocrítica)

Pasámonos os días criticando, subidos á noria dunha pomposa linguaxe que repetimos como papagaios. Formo parte eu desa curia, desa caste que se arroga razóns e dereitos, aínda sendo un descoñecido que escribe en internet? Ser coñecido ou descoñecido é o de menos, non ten porqué influír no pernicioso hábito ao que me refiro (a non ser vía resentimento, xa se sabe). Tamén hai quen se disfraza estupendamente, ata para si mesmo.

Trátase de ser conscientes, non de tragar con todo e calar. Estar sempre despertos. Atopar e perder. Desconfiar, aceptándonos, distanciados e tranquilos, das nosas propias motivacións. Burlarse de Savater está permitido.
_

2 comentários:

Óscar disse...

Burlarse de Savater non só está permitido senón que incluso é bo para a saúde. Mental e física.
E burlarse de calquera que se crea deus debería ser unha asignatura obrigatoria nas escolas. As clases ían ser moito máis amenas.

Iso e ver as carreiras de F1 bolivarianas: voume facer de Williams!

Unknown disse...

Xa estou vendo a ducias de estudiantes aparcando o williams na facultade parar asistir ás clases do fenómeno Savater, serios, moi serios, terriblemente serios...

Aínda da clases, o fenómeno, ou vive en Miami (oh, cántos prexuízos baratos)?

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet