
Qué tenro o esforzo dos partidos políticos por namorar ao electorado. Namorar, si, que os tempos do programa e o compromiso pasaron definitivamente á historia; agora o que se leva é compartir soños, agasallar sorrisos, espertar cunha ilusión ou, este xa é algo máis revirado, que te expliquen a túa felicidade, se queres. Os partidos políticos, que algún flipado toma por saurios obesos, queren conquistar á Xente, á Rúa, por eso se gastan unha morea de pasta en marketing e outras valoradísimas disciplinas emparentadas; todo queda escrupulosamente detallado na factura da axencia.
Velaquí o logo de CIU para as inminentes eleccións cataláns. Naïf, dixeron. Só se trabucaron coas letras e con ese pegote que representa un sol coa bandeira dentro, que arruina todo o que de naïf puidera ter o conxunto. Non por naïf é bo; os da axencia quixeron casar o rollo moderno coa seriedade que se lle supón a un partido como CIU e saíulles mal.
<>
Um comentário:
No vindeiro logo do pp a gaivota vai vir con lentes de sol e xersei amarrado ao pescozo.
E dirán que representa á xuventude revolucionaria que forma parte da 'maioría social' da que falabas unhas liñas máis abaixo.
E a xente crerá que é certo.
E dirá amén.
Postar um comentário