Non descansará ata que consiga arruinarnos
O ano pasado Morrissey lanzou unha soberbia recopilación de caras b, “Swords”. Estrelas de sona mundial matarían por colar como single un daqueles descartes. Botamos agora contas e, claro, só eran 18 cortes. Pode entenderse como a punta do iceberg que aboia entre os moitos mares das discográficas polas que pasou. Todo o sumerxido irá comercializándose con dolorosa e excitante lentitude. Suponse que os devotos confesos estamos afeitos, pero nunca acabas de estalo (deso se trata, supoño). Morrissey tirando de controversia, traizoando o que escribira cos Smiths, “Paint a vulgar picture”, cando criticaba o negocio das reedicións e as rarezas.
Esta canción foi cara b de “Dagenham Dave”, single do LP “Southpaw Grammar”. Estamos a falar da época redonda do artista (os Smiths non contan), entre o 92 e o 95. As imaxes son da película de Tony Richardson “A taste of honey”, baseada nun guión da autora de teatro Shelagh Delaney, residente ilustre no panteón de mitos de Morrissey.
_
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2010
(351)
-
▼
setembro
(38)
- Segunda estimación da folga
- A gracia do espírito é negociable
- Primeira estimación da folga
- Os deportistas de élite tampouco chegan a fin de mes
- En apoio aos traballadores
- Edificio de esnobs
- Antón está de viaxe (X)
- Eloxio do pan e o allo
- A vespa incombustible
- A noite de auga
- Qué guapo deixaron o logo
- Haiku
- Bigotes de gato
- Fixo que Bob Woodward tamén toma a súa medicación
- Munición para o inimigo
- Qué fixeches, Uj
- Non descansará ata que consiga arruinarnos
- Leccións de xeografía sentida
- Teoría da cor de Visa
- Italia seica é un país pobre
- Ela está decidida
- O compoñente místico da reforma laboral
- O primeiro é o restaurante
- Se aínda estiveran calados
- A liña viguesa do tempo
- O eloxio forzadísimo
- Cabal
- O presidente pasa do traballo
- A columna errada
- Ante a desaparición dos medios galegos
- Un asasinato ben suave
- Haiku
- Os deseñadores de Apple son humanos
- A colonia inevitable
- Unha pequena alegría
- Imos a Iraq co sentido de Feijóo
- Haiku
- Haiku
-
▼
setembro
(38)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
Nenhum comentário:
Postar um comentário