Encontro no ascensor

Todo apunta a que imos atoparnos no ascensor, por certo, o Celta subindo e o Depor baixando. Aínda faltan uns meses para que remate a liga, pero se os dous equipos manteñen a liña actual o encontro será inevitable. Comportarémonos educadamente, con deportividade, como se di agora; así que a segunda; estaredes ben, é a vosa categoría natural; levade coidado, que este trebello ás veces tolea e podedes dar con Caneda. Sorte.

Se o Celta non sube este ano, eu dimito como seareiro (un pouco de presión nunca está de máis). Que treman Milan, Manchester e mesmo o Barcelona. Sen lle vender o equipo a un xeque árabe (xa nos sobra co outro Mouriño, don Carlos).
_

2 comentários:

Óscar disse...

Caneda, vade retro!.

Aínda que ben pensado... Caneda e o Deportivo... pois mira, ao mellor até lle vén ben ao Celta.

Caneda for president!, que se retire Lendoiro!

Unknown disse...

Non, farían un bo equipo entre os dous. Agárrate!

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet