A fratricida loita pola alcaldía de Santiago

A sagaz redacción do Correo púxolle a Bugallo o pouco inmortal alcume de “El Tibio”. Igual se pensan que lle van facer dano ou cóxegas. Chámalle parvo ti a Bugallo. Como naquelas viñetas de Forges, poderiamos desenrolar o seguinte cuestionario:

- Oficio?
- Alcalde de Santiago.
- Xa, eso é agora, pero antes tería vostede unha ocupación, e despois...
- Non entendo o que di, eu sempre fun alcalde de Santiago, e supoño que o seguirei sendo.
- Antes de vostede foino Xerardo Estévez, sen ir máis lonxe...
- Si, home, pero eso foi antes de que eu nacera... a ver, que non pasa nada, eu só digo que son o alcalde, de toda a vida, non?

Para min que perden o tempo, pero non sei, non me imaxino a Conde Roa co bastón de mando. Queridos composteláns, quitaquita.
_

4 comentários:

Óscar disse...

Agggg, quitaquita!!.
A Conde Roa que o poñan a sachar nas obras do AVE ese en Pontepedriña (pero non debemos esquecer que nas últimas eleccións locais foi o partido máis votado na maioría das mesas electorais...)

Unknown disse...

Ben, entón encomendémonos á formigoneira asasina dos Nikis. Podíanselle cementar os pés, alí mesmo, en Pontepedriña, para saúdar, lexislatura tras lexislatura, aos viaxeiros que chegan a Compostela.

Óscar disse...

Outra proposta: que o cementen de corpo enteiro, non só os pés, e saudando coa palma da man volta hacia arriba, coma os Borbóns (mira ti, igualiño ca o Hitler aquel), en dirección á Cidade da Cultura.
E ao lado, para facerlle compaña, a Corina Porro, que seguro que non a ían botar en falta por Vigo.
Agora só nos queda atoparlle un nome á escultura...

Unknown disse...

Fred Astaire e Ginger Rogers danlle a benvida a Santiago de Compostela.

Placa de bronce.

Inaugurada polo Exmo. Sr. Alcalde D. Xosé A. Sánchez Bugallo no ano do Señor de 2077.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet