Ronaldo vai cambiar de país

Qué partidazo de Cristiano Ronaldo; non marcou nove goles por compaixón, porque xoga no Real Madrid. O que confiaba erixirse en mellor xogador do mundial (díxoo) ficou bloqueado por un conflicto de intereses. Ou polo entrenador, se queren; mesmo cando Portugal recibiu o gol que o eliminaba pasou de subir con máis intención, cun medo férreo a desordenarse atrás. España, como sempre neste mundial, con algún detalle como o do gol: Xavi e Iniesta podendo xogar ao seu. O gol, de Villa, que é o que conta.

Para a próxima a ver se a federación de fútbol portuguesa lle paga a Ronaldo o que pide, porque de seguir así non descartaría que se nacionalizara español. Será por cartos, dirá Ángel María Villar, e os do Marca cambiando a rotativa para sacar o xornal máis grande.
<>

2 comentários:

qwerty disse...

1.-"Xavi e Iniesta podendo xogar ao seu": non fai falta engadir nada máis.

2.-Se estes dous xogasen en Marrocos o fútbol falaría en árabe.

Unknown disse...

Si, o. Imaxínaste a Iniesta con chilaba e cachimba? Bueno, a cachimba quedaríalle mellor a Xavi; fumando no centro do campo, a ver, vos correde hacia a portería, pero ben, non me fagades como Sergio Ramos, tranquilos.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet