As nubes galegas non venden














Que fixeran un selo coa Muralla de Lugo é estupendo. Nada que obxectar. Como reza a publicidade, “contribuirá a que Lugo desfrute de máis proxección internacional, especialmente no ámbito do turismo”, e como asegura Pepiño Blanco, “este selo non conmemora só unha efeméride senón unha forma de facer cidade”. Vale, moi ben. 10 anos de patrimonio da humanidade e o San Froilán.

Pero por qué lle puxeron ese basto ceo laranxa que vai cegar os ollos da humanidade (e España en violeta,  por se alguén leva lentes de sol)? Podían deixar o ceo normal, por moitas nubes negras que aloxara. Nubes galegas, qué pasa.

Agarden, recapacitei, está ben así; imaxínense a ocorrencia de Feijóo mentras da conta dunha ración de polbo ante as cámaras, coas nubes galegas sempre chove, con las castellanas, no, los ciudadanos tienen derecho a elegir qué nubes quieren en su cielo, el lunes estudiaremos cómo realizar una consulta popular y democrática con la máxima brevedad y eficiencia posibles, oh, qué brillante estadista estoy hecho, está bueno el pulpo este, no es el del mundial, ¿verdad? claro que sería un honor para mi... no, eso estaría mal, Alberto, la dieta, piensa en la dieta.
_

2 comentários:

Óscar disse...

Pois eu prefiro unha nube galega coa raspa do club de ping pong do Arqueiro antes ca ese ceo laranxa. Por certo, a cor queda bautizada como "laranxa camps-valencia", só falta o logo do patrocinador (poñamos a CAM, así todo fica na casa, e de fondo a silueta da Rita Barberá en biquini).

Unknown disse...

Rita Barberá en biquini? Unha foto súa debe ser o tal para unha clínica desas nas que tratan a adicción ao sexo, quita quita.

Muito obrigado polo comentario das raspas.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet