Está de moda o deseño forte














Hoxe é día de premios. Na séptima edición do concurso ÑH ao mellor deseño xornalístico de España e Portugal, organizado polo Capítulo Español de la Society for News Design (así se chaman), repartiron a esgalla. La Voz de Cádiz, El Correo Gallego e i (lisboeta), foron recoñecidos como os xornais mellor deseñados do ano nas súas correspondentes categorías: ata 20.000 exemplares de tirada, entre 20 e 60.000 e máis de 60.000. A mellor portada de xornal foi para La Verdad de Murcia e a de revista para o Magazine de El Mundo, moi patrióticas ámbalas dúas co do mundial de fútbol; estilos diferentes, o mesmo efectismo.

Trabállase unha erótica da publicidade e o deseño, vale, pero dubido que no fútbol esa erótica (por outra parte tan abaratada) chame aos seareiros tradicionais, porque non entran nas análises dun mercado que os considera fieis. A quen buscan é a nenos soñadores e nenas que mollan as bragas e as súas nais. O de Murcia é sinxelamente desagradable. O outro non precisa Photoshop, senón un podólogo.
_

2 comentários:

Óscar disse...

Xa vin o do premio ao Correo, que orgullosos están (será polos cartiños?).
Pero para erótica a da páxina do Peláez hoxe no mesmo Correo, que ás veces até escribe con razón e todo:
http://www.elcorreogallego.es/opinion/firmas/ecg/confundir-erotismo-nicotina/idEdicion-2010-10-08/idNoticia-597802/

Unknown disse...

Calquera día móntase unha orxía con Lauren Bacall, Marlene Dietrich e o resto. Pero leva razón, si.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet