O linchamento de Vincent Connare

Aquí mesmo teño reparado en máis dunha ocasión no cruel uso da Comic Sans en todo o mundo. Novo episodio: a Copa de El Rey está gravada en Comic Sans, o que espertou a indignación ou rubor dos deseñadores, xa se sabe, sempre tan sensibles para as tipografías e as cores. En Gràffica recollen testemuños de “unha proba da medida cultural e tipográfica do noso país”.

Certo, non fai falta ser deseñador para escoller unha tipografía correcta de entre as máis estendidas, das que todo o mundo dispón hoxe en día. A indignación está xustificada.

Seguindo a nova, houbo quen aproveitou para facer autocrítica, lembrando o “helvetiquismo permanente” que sofre o gremio. Tamén é certo (tamén podía aforrarse a palabra), pero comparar unha Helvética coa Comic Sans é unha aldraxe excesiva; a súa ditadura, como calquera ditadura, será cargante e empobrecedora, pero dende logo non é unha letra cutre nin válida para un so uso.

Disquisicións entre o embigo e o salón de té, ao final tivo que ser Sergio Ramos, para quen a lucidez e a acción son o mesmo (como debe ser), o que emitira sentencia, tirando a Copa diante do autobús en marcha.
_

Um comentário:

graffica disse...

Gracias por la cita. Es cierto que también podríamos utilizar el término 'Helvetiquismo'...

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet