Umbral morrera antes

Non a tomen con Santiago, que tampouco ten culpa. Todos os bares ofrecen El Correo Gallego e El Mundo porque veñen xuntos, non hai máis explicación, diarios que son siempre el mismo diario, así espernexen os progres ofendidos buscando unha cidade de esquerdas, culta e cosmopolita. O de cosmopolita non é falso, só é pequeno; o resto sobra. Esto é unha aldea onde nada se move, polo que debe seguir Bugallo “El Tibio” co Bloque. Dígoo eu que aborrezo o voto útil.

Non pretendo caerlle ben nin aos valentes nin aos cobardes. Entre tanta impostura, nun marco malo, hai xente que fai cousas xeitosas (Andaime, por exemplo). Permítanme, entón, ler a Raúl del Pozo, que lle dá mil voltas ao último Umbral.
_

2 comentários:

Óscar disse...

Cagáchela.
Agora que os do Correo estaban pensando se ofrecerche un contrato de becario ou un contrato en negro vas ti e lles dis que son o mesmo ca El Mundo.
Xa o dixo o outro hai moito: Compostela non deixa de ser unha aldea grande. O resto son andrómenas.

Unknown disse...

Ou o Faro ou Nada. O resto son andrómenas.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet