Recoñezo que quixen facer un suave, inocente estudio sociolóxico: teñen conciencia política os deseñadores gráficos?
En Pienso Luego Existo falaban do logotipo de Novagalicia (banco), así que só tiña que deixar un comentario, non ofensivo, como pedindo desculpas por anticipado e sen enrollarme por opinar que o logotipo era o espello gráfico da operación fusión de caixas e transformación inmediata en banco. Non é un sitio político e respéctase, pero quería comprobar se son tantos os profesionais que esquecen o porqué dos imperativos. O deseño gráfico, o que podemos chamar deseño comercial, non é inocente, non é unha experiencia estética pura, ou yeah!
Xa mencionei a un dos máis humildes responsables do traballo, comentario número 10. Tiven que agardar ata o 18 para ler un comentario... político, e ben, con coñecemento do mundo do deseño aínda que non falara do cian ou da Peignot, con gracia, sen cargar.
Despois perdín todo interés nun traballo científico, cando relín o limiar dun dos máis humildes responsables: “Intentaré comentar algunos aspectos del diseño, para que podáis juzgar el trabajo mejor.”
Tío, eu non quero xulgar o traballo mellor, eu quero xulgalo superficialmente e criticar ao presidente de todos os galegos, e ti aparaces en plan excusatio non petita, accusatio manifesta, qué ben acabo de quedar, ves, no fondo é todo o mesmo, estamos todos mojados, los santos y los malvados, dentro de un mismo tonel, guapa canción.
_

2 comentários:
Resposta abortada: non, os deseñadores gráficos non teñen conciencia política.
Ou si, e son todos de dereitas.
Para apoiar este argumento:
1.- Ao mellor é cousa miña pero cada vez hai máis logos co azul pepeiro.
2.- Canto tempo hai que non se tocan os logos de calquera formación política de esquerdas? (dende a UPG ou FPG até o PCE ou IU...).
Isto vaiche ser un bo tema de conversa tabernaria.
Hai de todo, claro, unha longa escala de grises, pero si se podería facer un perfil, eso que tanto se leva agora: o creativo prefire a esquerda pero pasa, a política non é "cool", e comprometerse asóciase con ser inxenuo. Os xefes do sector, en xeral, non sinten xa que teñan que disimular as súas preferencias.
En canto aos logos das formacións que dis, mellor deixamos o tema para a taberna.
Postar um comentário