Kimi Räikkönen, de profesión tipógrafo



Todos saben o aburrido que pode ser conducir un bólido de Fórmula 1. Cuarto a 20 segundos do terceiro e 41 por diante do quinto, coa carreira estabilizada, os tempos estabilizados, o humor dos mecánicos estabilizado e as nubes estabilizadas. O único que podes facer é pasarte aos rallyes, como fixo o noso compatriota Räikkönen.

Non é el o que conduce neste vídeo, xa quixéramos, oe, xa que estás, fai aí, non sei, unha Edwardian Script, ou unha Young Baroque, garántese a diversión.
_

2 comentários:

Óscar disse...

Ti estás seguro que non anda polo medio?.
Para min que un dos tipos é el co pelo teñido, cortado e incluso peinado :)

Unknown disse...

Oe, ao mellor é el e o que pasa é que non quere que o recoñezan, por aquelo de non arruinar unha currada reputación de festeiro e pasota, Kimi, dixéronme que colaboras cunha universidade e un fabricante de coches para desenrolar unha "tipografía cinética do asfalto", unha qué, non non, confúndesme con outro, guapa.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet