Cegos de salchichas

Tampouco pensen que nos adicamos aos doados brancos do outro bando. Aquí disparamos para todos os lados, incluídos os propios pés. Meterse con intelectuais como Savater é aburrido; unha vez está ben, pero repetirse é para mosquearse, para recear dos nosos motivos.

Conta Diego Manrique, crítico admirador de Morrissey, a anécdota dunha actuación do mancuniano no festival belga de Lokerse Feesten, nunha rexión de Flandes célebre polas súas salchichas de carne de cabalo, “cheiro carne queimada e espero que sexa humana”, o Bono do maltrato aos animais esixira para participar no evento que se prohibira a venda de carne nos postos das inmedacións, condición que a organización aceptara asumindo que algúns acudirían para escoitar a outros artistas e non necesariamente a El.

Hai uns días cantou en Glastonbury, considerado o máis prestixioso festival do mundo, sen impoñer condición algunha, permitindo á xente comer todas as salchichas e hamburguesas que quixeran.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet