Valentino Rossi pásase ao ciclismo

As etapas non teñen que rematar obrigatoriamente en alto para brindarlle emoción aos telespectadores. O final de hoxe demóstrao. Baixando o Pramartino, nos Alpes italianos, un porto de segunda categoría estreito, de curvas pechadas e asfalto irregular, moitos lanzáronse borrando a liña que separa o valente do temerario. Primeiro os que loitaban pola victoria do día, con Bauke Mollema enteiro pero tentando arrancar a bici do cepo dunha silveira. Detrás os que pensaban na clasificación xeral.

Samuel Sánchez debeuse lembrar das nais de Alberto Contador, por levalo como o levou, e de Berlusconi, que ben podía ter europeizada a estrada. Ao mellor para o ano Valentino Rossi pásase ao ciclismo, e os irmáns Schelck ás motos.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet