Confirmado: Vetusta Morla é un bo grupo para pijos.
Á mañá pasamos pola Quintana; estaban a recoller o escenario da noite anterior, quitando a publicidade dos 40 Principales. Foi premonitorio.
Maqueta dunha noite de verbena. Semellaba unha maqueta a Torre da Berenguela, cuberta de estadas para a súa rehabilitación baixo un ceo anos 80; lúa de madeira; luz acesa nunha cela do convento de San Paio, como se tornara pop a ánima dunha monxa de clausura. O grupo, parte da maqueta, bonecos articulados que funcionaran a pilas, co volume limitado, moi limitado; os de atrás, onde a escalinata, deberon escoitalo como se tocaran en Portonovo, que non se escoita nada!, mentras rapaces e non tan rapaces coreaban e bailaban e gravaban cos seus guapos móbiles as cancións despreocupadamente, porque deso se trata nun concerto destas características, suponse, e nós estabamos de máis, criticando o son, estrañando os altofalantes da casa ou o coche.
Así nos largamos.
Se foi unha imposición de don Xerar Ilusión ou é que os tipos xiran con tan decepcionantes decibelios pouco importa. Comprendín porqué receaba deles cando se deron a coñecer; non lles atopaba diferencia con Mecano ou Extremoduro.
_
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2011
(375)
-
▼
julho
(27)
- A metamorfose foi un invento
- Non dixera que o deixaba porque estaba queimado?
- Myolastan
- Verbena de pao, a escala
- Santiago Auserón escribe sobre a crise da SGAE e o...
- Agora en cómodas monodoses
- Cómo deixar sen curro aos humoristas
- Qué farías se che saíra un fillo socialdemócrata?
- Habemus papam, carallo
- Unha democracia ben vestida
- Valentino Rossi pásase ao ciclismo
- Deixade a lápida feita
- Os whiskys contrariados
- Ameaza de consulta ás familias
- O bombo aínda non fixo declaracións
- Traxes laranxas que se moven
- O meu pai sostén que o saber non ocupa lugar
- Cegos de salchichas
- Subnormal imparte leccións de ética
- Oscar de area
- O PSOE vaise radicalizar
- Os da Nasa son uns ladróns
- Confiando en que o vendedor non lerá estas liñas
- Non terá outra personaxe
- Nokia non vende teléfonos
- Película da semana
- Don Xerar Ilusión en eBay
-
▼
julho
(27)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
Nenhum comentário:
Postar um comentário