Película da semana

“Que a nadie se le ocurra apuntarme con el dedo por todo lo que está pasando con la SGAE, tomaré medidas legales contra el primero que lo haga.” Ramoncín

O que está a pasar coa SGAE atesoura os elementos precisos para unha película de éxito. Nun mundo tan enrarecido, un tira a pensar que todo resposta a unha estratexia comercial, electoralismo, distracción... A SGAE son os malos e Facenda manda á policía patearlles o cu das súas contas, cobertura mediática que se anticipa aos propios afectados, non sei se encausados, xúbilo e regodeo dos internautas, Teddy Flautista retido, medido artigo de Diego Manrique no País (o termómetro)...

Non serei eu quen defenda a SGAE, pero o affaire tampouco me ofrece motivos para a alegría.

Os autores tiñan que velar polos seus dereitos, aínda que algúns se alienaran case teatralmente nesa vela. Non só os internautas queren retratar a un chibo expiatorio.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet