Os da Nasa son uns ladróns

Roubaron o Códice Calixtino. A min que me rexistren. E ao vendedor tamén; aínda non ollei o catálogo pero coido que nel non saía nin de oferta. Décadas nunha cámara acoirazada e de súpeto voa. Os amantes da cultura sonche uns delincuentes de película. Don Xerar Ilusión, que debe ser dos que len máis de tres ou catro libros ao ano, amosouse compunxido e fixo un chamamento á calma; hai que deixar traballar a Scotland Yard e máis ao sarxento.

Asómbrame que non dixera nada dos da Nasa; roubar un libro turístico-relixioso do século XII entra cabalmente nos obxectivos dunha banda terrorista con ganas de asestar un golpe de efecto ás forzas represoras do Estado, para logo vendelo ben caro.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet