A qué rapaz de 15 anos lle pega por meterse nas xuventudes dun partido socialdemócrata? Non só a familia ten que estar moi mal. Anarquista, comunista, altermundista, enténdese, un póster de Muse ou Shakira ou Ronaldo ou Rosalía de Castro, nazi, enténdese, pero nunca socialdemócrata, nin democristián. Soldadiños loiros formando brandamente encadeados ao pescozo polos seus xerseis de marca, cando se xuntan.
Nazi ou nazis parecen ser os responsables da matanza de Oslo, aínda que, como sempre, de entrada deixaron correr a posible autoría dunha célula islamista.
A inmigración é un problema que non é un problema para os grandes partidos europeos, que así poden adicarse, entre outras gratas tarefas, a alimentar a máquina xeracional.
Respostando á pregunta do título, eu, logo de preguntarme cómo puiden deixalo chegar a esos extremos, probaríao todo: a psiquiatría, o tinto (para el e para min), a chantaxe, se deixas eso cómproche a moto, non me podes comprar así, papá, a min non me deas clases, mocoso, que te fendo, nin o tentes, a violencia ademais non conduce a nada, a ver, explícame eso de que non conduce a nada, déixao, por favor, e respecta as miñas ideas como eu respecto as túas, o que hai que oír, Carme, cómo criamos este monstro.
_
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2011
(375)
-
▼
julho
(27)
- A metamorfose foi un invento
- Non dixera que o deixaba porque estaba queimado?
- Myolastan
- Verbena de pao, a escala
- Santiago Auserón escribe sobre a crise da SGAE e o...
- Agora en cómodas monodoses
- Cómo deixar sen curro aos humoristas
- Qué farías se che saíra un fillo socialdemócrata?
- Habemus papam, carallo
- Unha democracia ben vestida
- Valentino Rossi pásase ao ciclismo
- Deixade a lápida feita
- Os whiskys contrariados
- Ameaza de consulta ás familias
- O bombo aínda non fixo declaracións
- Traxes laranxas que se moven
- O meu pai sostén que o saber non ocupa lugar
- Cegos de salchichas
- Subnormal imparte leccións de ética
- Oscar de area
- O PSOE vaise radicalizar
- Os da Nasa son uns ladróns
- Confiando en que o vendedor non lerá estas liñas
- Non terá outra personaxe
- Nokia non vende teléfonos
- Película da semana
- Don Xerar Ilusión en eBay
-
▼
julho
(27)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
Nenhum comentário:
Postar um comentário