Quen se adique ao deseño gráfico, e máis nestos tempos nos que a figura do deseñador gráfico é despectivamente prescindible, suponse que asume que vai levar por moitos lados. Traballe por libre ou nunha axencia, será sempre o máis exposto a críticas que lle obrigarán a volver a empezar. Precisa paciencia e humildade para comprender a algúns clientes, non pode pensar que son uns burros que lle impoñen, impoñendo á súa propia empresa, unha imaxe errada, como facía un xefe que tiven, que logo de despachar servicialmente ao cliente viña correndo onde nós para contarnos que non tiña nin puta idea, o cliente, e que todo se faría segundo o que el tiña previsto.
O deseño, deseño gráfico, publicitario, comercial, non é arte, aínda que algo de arte poida beber. O deseñador non ten un estilo que protexer ante certos retrasos, a non ser que se chame Mariscal ou Stefan Sagmeister (este último, por certo, carece de un estilo, e o outro agradeceríase que do seu estilo prescindira).
Non hai outra; o deseñador, ás veces, ten que tragar e facer virguerías para contentar ao cliente sen despois volver á súa casa escondéndose de si mesmo. Mesmo para, unha vez na casa, abrir o correo e ler que o que ti fixeches facíao moito mellor o seu xenro, que para eso é un profesional que vive en Barcelona.
Por qué todos os xenros deste país son deseñadores gráficos instalados na Coruña, Barcelona, Madrid ou Nova York?
Qué ten de malo Burgos?
_
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2011
(375)
-
▼
julho
(27)
- A metamorfose foi un invento
- Non dixera que o deixaba porque estaba queimado?
- Myolastan
- Verbena de pao, a escala
- Santiago Auserón escribe sobre a crise da SGAE e o...
- Agora en cómodas monodoses
- Cómo deixar sen curro aos humoristas
- Qué farías se che saíra un fillo socialdemócrata?
- Habemus papam, carallo
- Unha democracia ben vestida
- Valentino Rossi pásase ao ciclismo
- Deixade a lápida feita
- Os whiskys contrariados
- Ameaza de consulta ás familias
- O bombo aínda non fixo declaracións
- Traxes laranxas que se moven
- O meu pai sostén que o saber non ocupa lugar
- Cegos de salchichas
- Subnormal imparte leccións de ética
- Oscar de area
- O PSOE vaise radicalizar
- Os da Nasa son uns ladróns
- Confiando en que o vendedor non lerá estas liñas
- Non terá outra personaxe
- Nokia non vende teléfonos
- Película da semana
- Don Xerar Ilusión en eBay
-
▼
julho
(27)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
Nenhum comentário:
Postar um comentário