Antón está de viaxe (IV)

- ¿Qué hora é?
- Van ser as nove.
Antón estaba contento, metíase a saia da camisa no pantalón logo de voltar á barra.
- ¿Qué hora é?
- As nove...
- Podemos ir a Madrid.
- ¡A Madrid, hoxe, ahora!
- Alex, ¿non te acordas dos clientes dos que che falei?
- É sábado, e ademáis teño familia, vida propia.
- Vida propia, si, eu tamén, non te jode, pero é un bo día para ir, eu hasta mañán estou libre, podiamos ir, xa che dixen que non hai fallo, e á noite estamos de volta, máis ou menos... se non paramos no parque de atraccións que tanto che gusta. Pensa nun cabrón con bigote o lunes na oficina... ¡si, bingo! o teu jefe.
- Eres un puto liante.
- Vou chamar a Tirofijo, que nos fan falta provisións, ti espérame na de Carlos.
- Algo durmiremos...
- Mentras un conduce o outro durme... se pode.
Vamos no meu e saiu sen despedirse; mentras sacaba o A6 do aparcadoiro chamou a Tirofijo, que lle colleu como se estivera nun funeral, qué lle doía a ese pringao cabrón, enfilou hacia o barrio da Fincaseca, la velocidad es mi verdadera vocación, casas que perdían alturas, unha en ruínas, aberta ao ceo, tomada por xestas, gatos, graffitis (gatos de cores gabeando pola parede renegrida, gadoupas afiadas con aerosol) e pintadas: INDEPÊNDENCIA, ANARQUIA, CYNTHIA FOR EVER, REPUBLICA JA; buratos no piche, o pírrico chorro de auga da fonte asediada de estrugas e silvas. Aparcou na porta, timbrou, Tirofijo abriulle malencarado, desencaixado, cos ollos inchados de sangue e vinagre, Antón adentrouse na brétema amarela e gris, fedorenta, suspendida na habitación, e sentou no sofá crebado con lunares negros de costo; unha pranta de maría baixo un flexo, a televisión sobre unha mesa de po.
- ¿Qué horas son estas, tío?
- ¿Desde cándo te importa? ¿Qué carallo che doe?
- A Play, tío, a puta Playstation.
- ¿Qué lle pasa? Os meus fillos tamén teñen unha.
- ¿Cómo que qué lle pasa? Que a comprei onte, tío, 400 putos euros, e caeume o cubata encima.
- Pois sécaa.
- Tío, que non vai, xa a limpiei, e a puxen ao lado da estufa...
- ¿A garantía?
- Non, a garantía non, a Play, puxen a Play na estufa, de qué sirve a garantía... bueno, non sei, se lle boto colonia, ben limpia...
- Ramón...
- ¿Qué?
- Material.
- Teño de casualidade, onte non baixei.
- Veña, aí tes, que levo presa.
- ¡Joder, qué puta mierda!
- Ramón...
- Qué, tío, qué, toma, calidad, como sempre.
- Todo ten arreglo, mi querido Ramón Tirofijo, menos a morte, todo ten arreglo.
- Xa, no vaciles - Tirofijo abriulle a porta.
- Por certo, ¿de qué era o cubata?
- ¿Cómo?
- Que de qué era o cubata que lle tiraches enciba.
- Caeume, capullo.
- ¿De qué era?
- White Label, ¿por qué?
- Tira con ese trasto...
- ¡Será mamón, pero cómo te atreves, mamonazo, qué queres decir, mamonazo listillo! me parece que te vou a cerrar o grifo, e igual che dou un par de ostias, como quen non quere a cosa, ¿sabes?
- Veña, Ramón, ¿non tes sentido do humor?
- ¡Ti cres que estou para bromas, cabrón hijo de puta!
- ¡Eh, á miña nai, que en paz descanse, nin mencionala! foi unha santa... Es importante saber afrontar los problemas, Ramón, con inteligencia positiva...
- ¡Capullo!
- Veña, xa nos veremos.
- ¡Largo, joder, largo, largo de aquí!
- Vémonos.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet