Catherine Murphy pásase á privada

En qué quedamos, mola ou non mola o inglés? Ónde queren chegar realmente co infantil, inviable e violento decreto do plurilingüismo. Están a demostrar que a eles o inglés non lles importa o máis mínimo (nin o francés, nin o vietnamita, nin o occitano, nin o galego...). Rectifico: están a corroborar o que xa se sabía. Os cartos, os nosos (seus) cartos. Na Escola Oficial de Idiomas adícanse a retrasar os pagos aos bolseiros que veñen a aprender e dar clases. 700 euros; un par de meses sen cobrar e xa non teñen nin para comer, e xa non digamos para visitar a súa terra. Facenda, que é a responsable, non o fai a mala fe: son os ordenatas, que se colgan. Catherine Murphy, que traballaba na escola de Vigo, fartouse e pasouse a unha academia privada, para aguantar ata o vran e logo voltar a Cambridge.

Manual rápido de cómo privatizar un servizo público que todos pagamos: abandonalo (os cartos para nós), desacreditalo, crear un clima de malestar crecente entre, neste caso, docentes e alumnos. Non é unha medida illada; están a universidade, a sanidade... e o maxisterio de mentes como a de Felipe González, Aznar ou Esperanza Aguirre. O inglés mola, pero o que importa é o que importa. Nin a súa lingua saben falar.
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet