Crítica do voso primeiro disco a 20 euros

Non vos botedes a min, que non é unha iniciativa miña; é, ou era, porque xa tiveron que deixalo, de The Men From The Press (manía de poñerlle maiúsculas a todo), unha axencia de comunicación británica que funcionaba a través da internet (Internet, perdón, como Deus ou A Súa Graciosa Maxestade). Eles aforrábanvos pagarlle as cervexas ao Crítico Importante; por unha tarifas que variaban segundo a Influencia Da Publicación (The Times, Maxim, NME...), garantían que falaran do voso descoñecido disco (que falaran ben ou mal suponse que tamén sería negociable). Non vos escandalicedes, por favor, que tampouco facían nada que non se leve facendo toda a vida, dun xeito máis “oscuro” e non precisamente con grupos noveis.

Non está cientificamente demostrado que a fame agudice o enxeño, pero semella que a internet si, se non non se entende a irrupción de tantos emprendedores na rede (algúns fórranse nuns poucos meses). Neste caso podían presumir de certa transparencia e de evitarlle aos rocketas ter que achegarse a un pub para facerlle a pelota e pagarlle as copas ao Crítico Importante, o que non deixaría de ser un Logro Para A Humanidade.

Un Crítico De El País Asegura: “¿Funcionaría aquí? No hace falta. Nos queremos todos demasiado y nos caemos demasiado bien como para pensar en hacernos una mala crítica, eso se lo guardamos a los guiris, que tienen pasta y no leen en español. La mayoría de ellas se escriben por pasión por la música y no por algo tan poco comprometido con el compromiso personal como pagar el alquiler. Como si fuera el vino de Jumilla, siempre apoyamos el producto nacional, más si es joven y comparte barra VIP en el FIB.” Oh, Qué Potito.
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet