

Un ladrillo de papel de dous quilos sacaron hoxe á rúa os de El Correo Gallego, para conmemorar 132 anos de historia e nova imaxe corporativa. Salvaxes. Prefería o deseño rancio que mantiñan dende o 2003, no logo e na maquetación. O responsable, Ferran Grau, que cobrará unha pasta, escolleu unha Omnes; susponse que desestimou unha Arial Rounded Bold para que a xente non asociara ao xornal compostelá con Cuatro, a cadea de televisión; en contratipo nunha caixa “Azul Correo”, a cabeceira, e sobre a cabeceira pegote de cor e foto, e os titulares hacia abaixo.
Qué alerxia ao branco, cando o branco nunca morde. Agora que o penso, o branco si morde, por eso prefiren saturalo todo de cores que non deixan de ladrar. E unha morea de persoeiros, como José Luis Baltar, louvándoo, teorizando sobre o xornalismo moderno.
<>
Nenhum comentário:
Postar um comentário