Hai novo disco dunha das nosas iconas sexuais, un traballo no que repasa temas de películas que por un motivo ou outro lle marcaron. No dos motivos mellor non entramos, e de paso esquecémonos do melosas dalgunhas eleccións tanto na lista como nos arreglos. É este un producto para toda a familia, un pouco como a serie esa de televisión “Cuéntame cómo pasó”, pero se lle quitamos o que sobra e poñemos da nosa parte, podemos gozar da amada voz e do oficio desta muller que se atreve, agárrense, con Billie Holiday e Tom Waits (e Simon & Garfunkel e Elliot Smith e Bowie).
Que cante "Pretty Woman" ou a de Top Gun semella unha decisión comercial, ou algo máis; Top Gun foi a segunda película que tiven oportunidade de ver no cine, logo de Superman, nunhas “xornadas” organizadas polo colexio na sala que só se usaba para os mitins, cando tocaban as primeiras eleccións. Deixámosvos con “What’s new pussycat”, de Tom Jones.
<>
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2010
(351)
-
▼
abril
(25)
- O twitter do comandante
- Carta a José Mourinho (e II)
- O xornalismo galeguista non ten prexuicios
- Suceso
- Suso de Toro abandona o barco
- Crítica do voso primeiro disco a 20 euros
- O cartón redondo
- O galego mata tranquilo
- Carta a José Mourinho
- Catherine Murphy pásase á privada
- Que trema o Milan
- Antón está de viaxe (VI)
- O Correo modernízase (mal)
- Antón está de viaxe (V)
- Os nenos van que se matan cun anaco de pan (II)
- Os nenos van que se matan cun anaco de pan
- O Camp Nou é unha merda de estadio
- Antón está de viaxe (IV)
- Cristiano Ronaldo e José Mª Aznar
- Urxente: que ninguén se mova do país
- A banda sonora de Sharleen Spiteri
- Un goberno aforrador
- Antón está de viaxe (III)
- Coidado co que dis
- Centro de interpretación de Ézaro
-
▼
abril
(25)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
Nenhum comentário:
Postar um comentário