Carta a José Mourinho (e II)

Querido Mou, dous puntos:

Noraboa, campeón, manexaste o partido, dentro e fóra do campo, como só un crack pode facelo. O Barça bailou ao son que ti marcaches, mesmo se fixeron aquela camiseta horrible. E falando de cousas horribles, qué semifinal, gracias ao baixón do Barça e á túa filosofía de triunfador, foi imposible ollar un partido de fútbol decente. O valor da táctica, din "pragmáticos", como se un bo equipo de fútbol xogara sen táctica ningunha e pasara de defender.

En fin, éche así o conto, mesmo serás admirado por xente que, non sei cómo, olla algo máis que dez tipos pechados na súa área (¿alguén pensou que perder a un xogador sería un problema, cando na área xa non había sitio nin para o árbitro?).

Bueno, aquí me despido. Tes que perdoarme, pero non penso ollar a final; non é persoal, non é porque non xogue o Barça, que tamén, é máis que nada porque me gusta o fútbol.

P.D. Onte escribirías logo do partido, ¿non?, no teu diario: qué guapo e qué bo son.
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet