Antón está de viaxe (VI)

Tiña que chamar a Brais que algo sabería; Ouronovo, a adega de albariño que levaban os de Alex, ía presentar os caldos do 2010 no centro cultural, cunha exposición fotográfica do Negra Esmeralda que vivira o poeta do que sacaron a marca, manuscritos, servicio de catering, para os pinchos, a cargo do Restaurante Funesto (Estrela Michelín) e a presencia das forzas políticas e empresariais da rexión, medios de comunicación incluídos, por suposto. Remitía a choiva de dípticos dourados; auga de notas de cata, ámbar brillante con tonalidades de herba fresca e limón; o entorno, intenso e equlibrado, con aromas de flores blancas e ananás no nariz; a historia, un retrogusto elegante e persistente; Centro Cultural Poeta Quintáns, ás doce, o cabrón de Alex non lle comentara nada, voulle faser trajar o puto retrogusto, colle o teléfono, ostia!
- Oe, ¿fixeste ti o de Ouronovo?
- Antón, son as nove e media da mañán, é sabado.
- ¿Fixeste ou non?
- Non, qué importancia ten... fixéronos en Pixel 2.0, xa sabes, é a axencia de deseño do concello.
- Pois están de puta madre...
- Son caros, si...
- Ah, xa estás criticando... querido primo, alí traballan profesionais, e teñen máquinas de última generasión.
- Qué máquinas, home, teñen PCs e mandan todo a imprimir a Madrid, o que teñen é que son fillos de quen son.
- A Madrid era donde iba eu hoxe, pero xa non vou, deixa que fale con Alex... Oe, e qué merda falas de Pixel, aquelo lévao o fillo de Fernando, son tan primos meus coma teus, e o rapás ten o título, e é unha persona responsable...
- Pois que se meta o título e a responsabilidade no cu.
- ¡Brais, non digas eso!
- Antón...
- Qué, vas a desir que é malo, qué pasa, sólo hai sitio aquí para un artista e o artista eres ti, ¿non?
- Xa lle saiu o paternalismo familiar...
- ¿Qué dis?
- Nada...
- Bueno, esto do poeta, ¿está ben?
- Como se está ben...
- Se é unha boa estrategia comercial... de marketing, xa sabes.
- Hai precedentes que gozaron de éxito...
- ¿Por qué, porque escolleron un poeta bo?
- Non, joder, eso non é importante, ou non moito; hai que traballar a imaxe...
- ¿Non era bo, o tipo?
- Non sei, sei que foi unha “gloria nacional”, pero non lin nada del...
- Arrecarallo ¿non leiste nada del? ¿Entonses quen o leeu?
- ¿E qué interés tes ti agora no asunto? Pregúntalle ao alcalde, seguro que ten unha edición facsimilar das súas obras completas, ou aos de EA!
- ¿Quenes son esos?
- Antón, onde vives?, E-A: Esmeralda Alternativa, movemento cívico de acción directa para un desenrolo sostible das parroquias de Negra Esmeralda, ou algo así...
- ¿Quenes carallo son esos?
- Son comunistas.
- ¿Comunistas?
- Máis ou menos; eran comunistas, agora decláranse apolíticos, e agora que o dis, Fernando creo que está metido aí.
- ¿O pai ou o fillo?
- O pai o pai, o fillo é un rapás responsable, como dis ti.
- ¡No me jodas!
- En fin, ¿queres saber algo máis do teu pobo ou colgamos?
- Ala, xa che deixo, veña, sije durmindo.
- Chao.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet