Urxente: que ninguén se mova do país

Esta finde que ninguén se mova do país porque a oferta musical non ten nada que envexarlle a ningunha capital do mundo. Hoxe toca Josele na Sala Karma, en Pontevedra, e o domingo na Nasa, e mañán Standstill no Capitol. Standstill están que se saen; o seu novo traballo, "Adelante Bonaparte" (vinte cortes distribuidos nun triple EP), é soberbio; falei deles hai nada aquí sen case escoitalos; agora xa podo afirmalo rotundamente: son alucinantes.

Non hai escusa; os concertos de Josele a 10 euros, o de Standstill, 14, e aquí; o que sexa de Santiago non ten que coller o coche se non quere. Podes voar a Berlín en low coast e pulirte 1.150 euros para verlle as gafas a Bono: vale, quizáis Berlín pague a pena.
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet