Centro de interpretación de Ézaro

Estivemos na fervenza do río Xallas, o único río de Europa que desemboca no mar en catarata. Espectacular, sobre todo o entorno. O entorno, xa saben, o marco incomparable, indispensable en calquera publicidade turística. A min o que máis me gustou foi a central eléctrica, e o centro de interpretación, claro, porque hoxe en día un espacio, sexa natural ou non, non existe se non está dotado do seu pertinente centro de interpretación.

Na miña casa teño unha habitación baleira, que non uso; vou aproveitala para montar un centro de interpretación, para que os que me visiten poidan informarse de cómo son e non se leven sorpresas, con folletos gratuitos.
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet