O twitter do comandante

Estou por abrir unha conta en twitter. Se Hugo Chávez o fai, eu, que teño o cerebro lavado pola revolución bolivariana, tamén; aparcarei os meus prexuicios sobre as redes sociais para seguir ao comandante. Din que a oposición á “dictadura” exprésase na internet ante a imposibilidade de facelo a través dos medios de comunicación tradicionais; afortunadamente para dita oposición, alimentada incesantemente polos gobernos “democráticos” e compañías como Repsol e Telefónica e o Grupo PRISA, en Venezuela pouco menos que naces con ordenata e conexión ADSL 12 megas, e non gracias a Chávez, claro.

- Os membros do PSUV aprópianse de radios, televisións e prensa.
- O pobo venezolano crea contas en twitter e Facebook para derrocar ao tirano.
- ¿Algunha pregunta? ¿Non? Gracias.

Así de informados nos manteñen nos países nos que a liberdade de expresión é sagrada, coas súas radios, televisións e prensa. As mensaxes de twitter permiten ata 140 caracteres: se a chavezcandanga non lle chegan, pois irá por partes. Agarden a que se apunte Fidel; o xoguete vai quedar pequeno, ridículo.
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet