Os nenos van que se matan cun anaco de pan

A alimentación dos nenos públicos non ten ningunha importancia. Hai colexios (a cifra non debera significar nada) sen cartos para o servicio de comedor porque a Xunta “está pechando o exercicio anterior e abrindo o actual”, axustando os orzamentos. Aínda que fan virguerías, sacando de aquí e poñendo alá, algúns acumulan débedas aos seus provedores, pequeno comercio, maiormente; peixerías, carnicerías e panaderías que non andarán sobradas; outros xa tomaron a medida, como un xeito de protesta obrigado, de dar de xantar aos rapaces un bocadillo de xamón e queixo, e van que se matan.

- Pulirse un millón de euros en publicitar o bonito que é o decreto do plurilingüismo, eso é importante.
- Celebrar o primeiro ano triunfal da recuperación integral do Poder, eso é importante.
- Os nenos, sobre todo se reciben educación pública, non son máis que un estorbo con mocos (se puideran votar aínda).
- En Cuba, esa feroz dictadura asfixiada por EE.UU. e as democracias que gravitan ao seu redor, todos os nenos, sen excepción, ademáis de saber ler e escribir, teñen un vaso de leite garantido cada mañán.

Como se reproduciran a campaña de GADIS “Vivamos como galegos” (onte mesmo repartiron tortillas de patacas gratis no campus), os cociñeiros ou cociñeiras sacan dunha barra de pan bocatas para 400 alumnos; ¿chegará para todos? maloserá. Que se esquezan de letras e números, que se vaian enterando de cómo funciona a vida democrática.
<>

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet