Que trema o Milan

Esta mañán parei en La Grey del Cubata, ¿e quén estaba alí apurando o café? ¿Roman Polanski? Non, José Mª Caneda, sen tocar o Marca e falando cun amigo mudo. É luns, ¿e qué? Caneda non precisa ler o Marca; contoulle o presidente ao amigo mudo que onte o equipo ofreceu unha lección de fútbol, nin o Barça nas súas mellores tardes, perdeu co Barakaldo por culpa do árbitro. Con eso máis ou menos resumiu o encontro, logo pasou ao que máis lle interesaba contar, que xa tiña o equipo feito para a próxima tempada. Florentino Pérez precisa o galáctico mercado de vran, Guardiola precisa aos rapaces da canteira, Caneda non precisa nada.

¿Sabían vostedes que os xuvenís son uns “montunos desagradecidos” (literal)? Algúns ata falsifican a partida de nacemento, mandacarallo. O que non sabía eu (tampouco) era que Caneda, o Guadiana en versión presidente de club de fútbol, se parecera tanto fisicamente, aínda que menos coidado, a Berlusconi; queixada firme e levita castaña. Non sei qué dirá o amigo mudo, pero en Milán tremen.
<>

2 comentários:

qwerty disse...

Que trema o Milán...!
Isto xa o vivimos hai 15 anos, cando o Compos chegara a 1ª.
E tamén estaba Caneda.
E tamén estaba Berlusconi.
E tamén estabamos nós.

O tempo é un bucle?

Unknown disse...

O tempo non sei, pero Caneda si.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet