Atraco fóra de días

A eso das dúas falaban no telexornal do atraco a unha sucursal de Caixa Galicia. Ás oito no bar comentábase en voz baixa que Caneda xuntara os cartos que lle debía aos xogadores do Compos e reclamaba a permanencia do equipo en terceira división. Din que as casualidades non existen, pero non sexan tan malpensados; imaxinan a Caneda entrando nunha caixa de aforros cubríndose o rostro cunha media, ameazando ao interventor co angazo do utillero (que o agardaría co motor da furgalla ruxindo)? Bueno, vale, reformularei a pregunta: imaxinan ao honesto presidente dun club de fútbol (que os hai, coño) roubando de xeito tan groseiro e flagrante? Teño que reformular outra vez a pregunta? Paso, a fin de contas, aínda que xuntara os cartos, o prazo para saldar a débeda expirou hai moitas semanas.
_

2 comentários:

Óscar disse...

Os cartos non eran para pagar aos xogadores, eran para a cota trimestral da organización.
A bicefalia Floren-Del Nido teno todo "atado e ben atado" e se non pagas veñen visitarte de noite cuns amigos...

Unknown disse...

Bicefalia Floren-Del Nido, eso xa é unha peli de medo pero medo de verdade.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet