A nosa querida Xunta (por qué non te pronuncias, psiquiatra, non atopas un beneficio
obxectivo?), a nosa querida Xunta, dicía, adxudicou o macroconcurso para “a explotación do número único de emerxencias 112” á empresa leonesa Telamark Spain, que cobrará máis de 5,1 millóns por prestar este servizo á nova Axencia Galega de Emerxencias. O interesante reside no
enlace: a difícil certificación ISO e a orgullosa orixe da empresa en León, onde deberiamos vivir todos; aínda que a maioría dos centros de traballo deslocalizáronos entre Perú e Colombia.
Esto podería coverterse nun glosario, ou rosario, das vellas xestións do noso amado presidente, porque as novas tardarán uns días en saír á luz pública. Á luz pública do
superchic Dux, en Sanxenxo, tomou onte unha copa, ante
a cativa ollada da corresponsal do Correo. En Trujillo (Perú), celebraron o contrato por videoconferencia, como se aprecia na foto.

_
2 comentários:
A eterna pregunta nestes casos: contratarán a alguén para atender en galego?.
Si, home, en galego-inca-leonés e pagándolles unha puta miseria.
Postar um comentário