Así como soa: deseño e capitalismo

Aí vai, máis que un artigo, un breve ensaio sobre a relación entre deseño e capitalismo. O autor, Aitor Méndez, deseñador gráfico e teórico do oficio, anda sobrado de material. Fala de semiótica, claro, de escalas de valores, de ética e estética. Ata de espremedores fala. Suliña a necesidade de evitar solucións doadas como rexeitar aqueles clientes que representan a faciana máis salvaxe do mercado para lavarse a conciencia, e traballar, pensar unha estructura nova, horizontal... Mellor que o explique el; está na revista Monográfica e pódese descargar en PDF.

Dirán moitos que non están os tempos para estas obtusas utopías, déixame estar cos clientes que teño, coa miña vida e o meu traballo, menos lerias, ou como di el: trátase de adestrar a un can de caza para que non se coma a presa que cobra o seu amo.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet