Xustiza para Ezequiel ou algo así (II)

Estiven repasando superficialmente a vida e obra de Ezequiel, o profeta do Antigo Testamento, achando paralelismos nada forzados co que está a sofrer Ezequiel o ciclista de Cacheiras. Nabucodonosor conquistou Xerusalén, levándose ao cativerio en Babilonia ao rei de Xudá e ás castes importantes: comerciantes e sacerdotes. Un deles era Ezequiel, a quen Iavé nomeou entón profeta, encomendándolle a tarefa de velar pola rectitude e a fidelidade do seu pobo preso. Non podía ser culpa súa, de Deus, eso sería ir máis alá da blasfemia, algo inimaxinable; a culpa era de cada un deles, acentuando o sentido individual da mesma. Logo, por se a fe era demasiado doada, Nabucodonosor volveu á Cidade Santa e arrasoulles co Templo de Salomón.

A UCI pretende aumentar a sanción económica imposta ao ciclista galego, dos 276.765 euros do salario a 325.000, porque lle suman un contrato de imaxe que nunca cobrou. Ademais dos dous anos de suspensión/cativerio. Lean o Faro. A UCI é Iavé, indiscutiblemente, quen no capítulo 25 versículo 17 do Libro de Ezequiel di: “E farei neles grandes vinganzas con reprensións de ira; e saberán que eu son Iavé, cando faga a miña vinganza neles”. Neles quere dicir nos pringados de sempre.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet