Temos aquí o retrato robot do xubilado ao que tódolos anos lle cae unha semana nas Canarias; area negra e suecas fabricadas pola televisión do Caudillo. A axencia EFE conseguiu, en titánico esforzo, descifrar o responsable mutismo de Mariano Presidente; o neto máis tímido non tocará nin o IVE nin as pensións, podemos respirar tranquilos, inspirar, expirar, relaxar, meditar, borrar, como mola o rollo zen.
O vello este que vive como un sultán resposta ao nome de Billy Wilder e segundo a Galipedia naceu en Galicia, na parroquia de Sucha Beskidzka, concello de Austria, e por motivos que nin o Caudillo se explica pirouse a Terra de Promisión.
_

Nenhum comentário:
Postar um comentário