Hora de trapichear con ósos vellos tenros

Agora toca o de sempre, o bocexo de gas onde saen xuntos himnos gaitas xentes que fan de Galicia unha plataforma para medrar no nome de Galicia e non só o presidente de todos galegos coa súa solemne man sobre o corazón detido, sutilezas do autoodio, onde el escribe agradecemento polo labor eu leo gracias por morrer.

Cando se eloxia a unha persoa nunca se acerta co seu retrato, é inevitable. Neste caso o despropósito será multiplicado pola intención e a falsedade de moitos dos que se porán a lembralo. É o que hai.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet