O veciño pándego

Estaba o bar petado, case todos madridistas pero xente máis ou menos normal, e tiñamos un de traxe xastre e gravata que non paraba de cuspir barbaridades para os dous equipos: os do Barça eran sen máis uns paletos, dixo paletos, que había que exterminar como insectos, pero os do seu equipo non é que foran moito mellores, os cabróns, os subnormais, e así pasouse toda a primeira parte, entre inútiles, consentidos, maricones, negros, portugueses, indios, turcos, hijos de la gran puta, joder, árbitro árbitro, hostia, ponte a a hacer tu mierda de trabajo, joder, cojones, cojones!, e logo sorría como se nada lle afectara porque estaba por riba, ninguén lle facía caso e é veciño de respecto, cando marcou Alves sacou o mando do máis grande coche negro que había aparcado na porta para metelo pola puta estreita entrada da garaxe e volver.

Aos dez minutos da segunda parte asomou o que debía ser a súa dona, un pelexo de cristal engurrado sepultado baixo pelexos de tigresa e armiño, obrigatoriamente loira, gafas de sol (para protexerse da sucia luz da lúa municipal) e boina de astracán, o catálogo completo, que por suposto non traspasou a porta do bar, non fora ser que pillara unha enfermidade tercermundista, algo así entre a vulgaridade e a malaria.

A todo esto o Barça xogou un partido ben malo; na segunda parte, imprecisos e inseguros, moito se estrañou a Cesc, que non tiña o día, e sobre todo a Iniesta, mancado. O gracioso é que foi suficiente para que en Madrid xa se crean superiores, como o noso simpático veciño.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet