Reivindicación do teatro culé

Xa se dixo no seu día: Özil é o mellor xogador do Real Madrid, ese non é o seu equipo por moito que el sinta que si. Soberbio o seu partido; por unha vez puido xogar ao que sabe, sempre condenado ao ostracismo, xogando e sen xogar, polo fenómeno de adestrador que tanto din que sabe de fútbol e tantos títulos atesoura. Ás veces costa crer que existan personaxes tan pechadas no seu patético papel.

A humanidade, antes ou despois, perderá a un futbolista, Pepe, por chamarlle algo sen queimarse, e gañará un actor de vodevil, tódalas entradas vendidas, unha semana no mesmo teatro asinando autógrafos.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet