Quería darlle a razón a Xurxo Borrazás

Eso é todo, unha frase groseira, o corpo de Manuel Fraga aínda non de todo frío. Se alguén quere comprender non ten máis que ler o artigo de Borrazás que transcribimos na entrada anterior (abonda se queren co primeiro parágrafo, uns segundos que seguen sendo uns segundos). Voaron os merlos que esta mañá pousaban como peixes raros no acuario municipal de tilos, que sempre queda ben algo así lírico-bucólico nos documentais e haxiografías.

Arranca o carrusel mediático xa; Javier Arenas xa tuiteou, Rosa Montero xa publicou a súa necrolóxica por riba das diferencias como non, un puxo Carrillo 1 - Fraga 0, outro que se ía sen ser xulgado, non pasa nada, morreu na cama, piedade.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet