Leron ben, non é unha errata, non se me foi a man cos ceros. A quen si se lle foi, unha vez máis, foi ao concello de Madrid, que quixo engadirlle un compoñente político aos sempre polémicos concursos de deseño. Á hora de realizar o logotipo da candidatura, primeiro ignoraron aos profesionais, convocando un concurso entre estudantes (un máximo de 6.000 euros nunha bolsa de estudos como premio), e despois enviaron o traballo gañador á axencia de publicidade TAPSA para que o puíra (para moitos aínda quedou peor, é burlesco trending topic, a xente non olla nin a Porta de Alcalá nin os aneis olímpicos, e si unha marca de zapatillas para o vran, unha empresa que fabrica “bonecos gays” acúsaos de plaxio).
Por que unha axencia de publicidade e non unha consultora de marca, como lembran en Pienso Logo Existo? Será este punto o único non desatinado de todo o proceso: porque pertencerá a algún amigo. O autor, aragonés de nome Luis Peiret Arasanz, se ten vergoña, xa debería estar arrepentíndose de presentarse ao aquelarre, ao pobre non sei se lle compensará todo o que pode aprender.
_

Nenhum comentário:
Postar um comentário