A diminución do deserto

Imos adicarlle unha canción ao Bloque, non por enfastiar, agardando que se aclaren e recuperen as ideas e o apoio popular que un día tiveron. Non se pode dicir que sobren. Sobra a UPG, sobra Paco Rodríguez? Que vai sobrar. O manifesto Somos conscientes, asinado polos alcaldes da formación nacionalista (coa notoria ausencia de Miguel Anxo Fernández Lores, rexedor do concello de Pontevedra), carga contra o dirixismo desta corrente hexemónica, ancorada nun “pasado mitolóxico” e un “futuro idealizado”. As intencións sempre son boas.

A canción arranca así:

Voy a la deriva, amor
Que no me dejan en calma
Los vientos de malhumor

Amor no puedo pensar
Tengo en el alma un desierto
Lo tengo que atravesar

Encontrar un pozo negro
Y en sus aguas escuchar
El dulce son de los muertos
[...]


O labor desta xente nos seus pobos nótase e algún, como Martiño Noriega, discípulo de Beiras que foi reelixido por maioría absoluta en Teo, non deixa de soar como candidato a liderar un BNG renovado: canto máis teima en desmentir os murmurios máis se perfila.

Persoalmente preferiríao a un Carlos Aymerich, que sempre me cheirou a indolente tecnócrata resentido pola propia falta de carisma (bueno, igual me pasei un pouco).
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet