Hai un lance do fútbol que non entederei xamais, que os xogadores e mesmo os adestradores, non importa o equipo, vaian queixarse ao árbitro polo que pita pretendendo convencelo de que se trabuca. Que blasfemes, que dispares contra todo aquel ou aquela (máis frecuente, que se lle vai facer) que gardas na recámara ata que te saca cartón vermello como un xuíz dicta sentencia inapelable e golpea o mazo, enténdoo: estás quente; pero reclamarlle unha rectificación está máis que demostrado que é unha idiotez inútil (no suposto de que hai idioteces útiles).
Recoñezo que eu tamén os insulto pola tele (xa non estou para ir a Balaídos), e como debe ser, con vehemencia e sen imaxinación, aínda que logo se me pasa porque estou convencido de que son humanos, chegando a defendelos coa mesma vehemencia diante dos que avogan polo uso da tecnoloxía nas xogadas dubidosas.
_
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Arquivo do blog
-
▼
2012
(198)
-
▼
janeiro
(27)
- Madrid organizará as olimpíadas do 20020
- O vórtice dos árbitros
- Sentencia imperial pequena
- Optimismo de curva bézier
- Así como soa: deseño e capitalismo
- A canción da heroína
- Reivindicación do teatro culé
- O veciño pándego
- Inventar a guillotina de películas
- Son irmáns e colegas
- Xustiza para Ezequiel ou algo así (II)
- Nós ao noso, criticar
- Algúns textos novos de Galeano
- Os Irmáns Dalton na súa prisión
- Non durmen nin se van por aí
- Quería darlle a razón a Xurxo Borrazás
- Isaac Díaz Pardo por Xurxo Borrazás: "Unha cuestió...
- Isaac Díaz Pardo por Manuel Rivas: "O segredo de I...
- Demostrado: un Kalashnikov é máis útil que o Mac e...
- A diminución do deserto
- O que o trasno tapa
- Sol de inverno de 1979
- Hora de trapichear con ósos vellos tenros
- Este domingo debería saír TODA GALICIA á rúa
- Había que metelo tamén con brasa verde
- Irase o xornal ao carallo?
- Antes eras razón de estado
-
▼
janeiro
(27)
Recomendacións
Marcadores
Miguel
Esta obra está baixo unha licenza Recoñecemento-Non comercial-Sen obras derivadas. 3.0 España de Creative Commons.
Nenhum comentário:
Postar um comentário