Optimismo de curva bézier

Tamén se pode dicir do seguinte xeito: o deseñador demanda ferramentas que lle axuden a optimizar o seu traballo, máis ou menos angustiado por conservar o emprego ou medrar dentro da profesión (non sempre pensando na retribución económica e na posición social, moitos queren ser mellores deseñadores), encomendándose a deuses como Mac e Adobe (a santísima dualidade!), por un lado, e a esos cursos de comunicación nos que te saturan de conceptos absolutos, a felicidade ou a fidelidade, por outro.

Trataríase non de ir de enrollados nin montar unha ONG desas, senón de cambiar o sistema productivo, do que o deseño é parte e máis voz. Nada de tolerables illas de resistencia; coller o facho de Marx e incendiar o mundo! Doado, como quen colle a pluma bézier e vai trazando o mapa.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet