Había que metelo tamén con brasa verde



Hoxe tiña ganas de Elvis Costello; convidáronme a un restaurante xaponés que abriu no ensanche, lembrándome a un dos meus heroes particulares, Momofuku Ando, o que inventou a sopa de sobre alá na posguerra do seu país, aínda que o restaurante non ía por aí, coidado e limpo sen chegar a intimidante, comida exquisita ata a mala conciencia: non está o atún vermello en perigo de extinción? Eso non se fai, presuntuoso amigo.

A canción pertence ao disco que Costello titulou así, Momofuku, porque di que o gravaron en rápido instantáneo, chicken ramen. O sashimi non, delicada manteiga de mar que logo probamos con salsa de soia e wasabi.
_

Nenhum comentário:

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet