Acontece que me presentei a un concurso, cartaces para a 37ª edición da festa do queixo de Arzúa, segunda e derradeira vez que me presento a algo así. Non é mal perder, exactamente, é máis ben carraxe e indignación e ganas de matar, a ver con que carallo untan ao xurado dun concello do Bloque, nunca máis, non os voto nunca máis, onde vai a liña vermella da miña paciencia. Quero ir onde puxeron os 135 traballos presentados só para comprobar que, ademais do meu, había algún outro que merecía o primeiro premio, e o segundo e o terceiro e o cuarto; só o das tipografías é para correr ao xulgado a denuncialos por atentado á saúde pública.
Non, non vou de politicamente incorrecto e non me fai puta gracia. A continuación van os cartaces ganadores e o meu, ademais do título e o edulcorado texto obrigatorio que escribín se quería presentarme e quedar ben.
Rectifico, non vou subilos, poden ollalos no blog.
TÓDALAS PERSOAS DO QUEIXO
Este cartaz é unha homenaxe ao agro galego, intemporal pucha de soños duros. O fondo imita a cor e a textura do papel de estraza dos sacos de penso, de salvado e tercerilla, cos que se completa a alimentación do gando; cortado en anacos sempre se aproveitou para facer contas ou anotacións. O queixo con atributos humanos, tan humanos como as liñas de Modigliani nas que se inspira, quere lembrar que é un produto realizado por persoas con nome e apelidos, que hai detrás un traballo artesán, non sempre grato ou levadeiro ou ben pagado.
O verde representa a terra. O vermello, as vacas. O amarelo, finalmente, o queixo.
O conxunto remite á vida do campo evitando caer en tópicos, cun punto teatral que nos convida a pensar e, por suposto, a gozar da festa da xente de Arzúa e os amantes do queixo.
_

Nenhum comentário:
Postar um comentário