Antes eras razón de estado

Este mes non vou estar; ficháronme para un curso de aforro enerxético. Os alumnos pagámoslle a Fenosa ou como se chame agora. Un honor contribuír hai que coidar o planeta, ensínante como enroscar unha lámpada de baixo consumo e logo esténdente unha factura a catro tintas, non quere dicir nada, non é enxeño barato, ao revés.

Non se imaxinan o ilusionado que estou, o meu ombreiro co ombreiro do presidente de todos os galegos, xuntos harmoniosos non pensen mal polo país. Mañá comezo coas clases nivel preciso un sopapo.
_

2 comentários:

Óscar disse...

Como é iso?. Págaselle a Fenosa por unhas clases e despois págaselle outra ves cando chega o recibo... ummmhh, iso non se chama "copago"?.

PD: cando esteas co Presidente de Todos os Galegos pásalle un currículum, seica precisa de xente preparada e con un par para levar Consellerías.
Ríete, pero igual acabas en Madrí...

Unknown disse...

Non, agora chámase "ticket moderador", que será a primeira medida que adopte en canto me chame o presidente.

Arquivo do blog

Outro

A seguir

ecoestadistica.com
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet